Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros dinamizará a biblioteca municipal cun club de lectura e biblioencontros infantís

Barreiros, 17 de febreiro de 2025. Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que pretende fomentar a lectura e a interacción social entre crianzas e persoas adultas. As actividades estarán coordinadas por Antía Yáñez, escritora mariñá de referencia.

As actividades darán comezo o sábado 22 de febreiro coa presentación do club de lectura e o primeiro dos biblioencontros dirixido neste caso a crianzas de educación primaria que estará relacionado co Día de Rosalía.

O club de lectura estará dirixido a persoas maiores de 16 anos e contará con 20 prazas con preferencia para as persoas empadroadas no Concello de Barreiros. A inscrición pode realizarse na biblioteca municipal de luns a venres en horario de 9:30h a 14:30h.

Daniel García, concelleiro de dinamización resalta que “con estas actividades seguimos apostando polas actividades de dinamización lectora que vimos desenvolvendo nos últimos anos e despois do éxito da biblioteca rural de San Xusto e a caseta de libros da praza do Souto”

Exit mobile version