O acto estará integrado no marco da celebración do Día de Rosalía, co recitado de poemas e degustación para as persoas asistentes do Caldo de Gloria, elaborado polo restaurante Rias Altas co produto agroecolóxico local das produtoras de Eo Alimenta.
Colaboran na actividade a Asociación de Productoras Eo Alimenta, a Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, o Concello de Barreiros o Sindicato Labrego Galego e Através Editora.
Esta actividade súmase a unha serie de actos organizados para celebrar o Día de Rosalía no Concello de Barreiros.