Site icon Crónica3.com A Mariña

Avanzan en Cariño as obras de pavimentación e mellora do camiño do Mazanteo, en Figueiroa

A falta dos últimos tramos por asfaltar, o Concello espera que poida estar finalizada nos próximos meses

Cariño, 10 de febreiro, 2025. O Concello de Cariño continúa co seu plan de renovación das vías do municipio, avanzando nas obras de pavimentación e mellora do camiño do Mazanteo, en Figueiroa. A actuación, posta en marcha con fondos financiados a través de Agader, iniciouse hai unhas semanas e avanza a bo ritmo, polo que desde o goberno municipal esperan que poida terminarse en poucos meses, restando os últimos tramos por asfaltar.

A obra céntrase na pavimentación do terreo e na súa mellora, cun prazo de execución previsto de catro meses. Está financiada con fondos de Agader, dentro do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2024-2025, contando cun orzamento total de 60.924,33 euros.

Este camiño, sito na parroquia cariñesa da Pedra, atopábase moi desmejorado polo paso do tempo, unha situación á que o executivo local, liderado por Ana María López, quixo poñerlle solución con esta actuación, coa que se espera mellorar as comunicacións e tamén a vida diaria dos veciños e veciñas da zona.

“Desde el Concello de Cariño trabajamos para ayudar a nuestros vecinos y vecinas, prestando atención no solo al núcleo del municipio, sino también a nuestras parroquias y núcleos de población de carácter más rural”, afirmou López, engadindo que nos vindeiros meses acometeranse “más actuaciones en varias zonas de nuestro municipio”.

Exit mobile version