Ribadeo, 26 de febreiro de 2025. As obras da residencia Hospital Asilo avanzan a bo ritmo. O alcalde, Dani Vega, a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, e técnicos municipais supervisaron o desenvolvemento dos traballos.
O rexedor contou que “de novo visitamos a reforma integral da residencia Hospital Asilo. Trátase dunhas obras que durante todo este período tiveron moitas complexidades. As obras todas teñen problemas, pero somos conscientes que un edificio desta dimensión histórica, con tanta responsabilidade tivemos que actuar porque é un edificio cun valor arquitectónico moi importante, e sendo conscientes de que estamos a dotar dun espazo para persoas, polo tanto respectando o patrimonio temos que ser coñecedores que vai estar destinado para unha residencia”.
Vega dixo: “sí houbo moitas complexidades, buscando solucións e, sen lugar a dúbidas, co orzamento entre Xunta e Concello fomos solucionando todos os problemas durante todo este período. É verdade que quedan cousas por solucionar e estamos nestes momentos neses puntos, solucionando problemas. Non houbo ningún modificado do proxecto, iso é moi importante e iso hai que agradecerllo tamén aos técnicos do Concello en colaboración coa empresa, pero non ter ningún modificado é moi raro. É moi raro nunhas obras desta dimensión, que non haxan modificados do proxecto da rehabilitación integral da residencia Hospital Asilo”.
O alcalde subliñou que “as obras avanzan a moi bo ritmo e agora xa estamos traballando para dotar de equipamento, de mobiliario á residencia Hospital Asilo. Fai poucos días anunciábamos esa xestión de 400.000 euros por parte da Xunta para o equipamento e agora estamos xa preparando e analizando qué equipamento necesitamos, estamos tamén pedíndolle colaboración e asesoramento á Xunta de Galicia. As cousas van a moi bo ritmo. As obras marchan a un paso importante e xa adiantándonos a ese equipamento necesario que vamos precisar”.
Dani Vega cre que “a residencia Hospital Asilo vai quedar moi ben, que é un edificio que vai ter un uso, como sempre se esperou, de residencia, de coidado ás persoas que tanto necesitamos en Ribadeo. Temos unha residencia, pero non nos chega. Necesitamos de todas as prazas para que todas as persoas de Ribadeo acudan a elas e que teñan un coidado e unha atención de primeira calidade”.