Será no salón de actos do concello ás 11:00
En Galicia prodúcese o 30% da leguminosa de todo o estado e a principal comarca produtora de faba é a Mariña.
Ante esta problemática que ademais de Lourenzá afecta a varios concellos produtores da A Mariña, a portavoz nacional do BNG Ana Pontón reunirase co sector este xoves 6 de febreiro ás 11:00 no salón de actos do concello laurentino. Acompañarán á portavoz nacional o deputado mariñao Daniel Castro, as deputadas no Parlamento responsables de asuntos de medio rural Sonia Vidal e Montse Valcárcel, o deputado de Medio Rural da Deputación de Lugo Daniel García e o responsable comarcal Antonio Veiga.