Site icon Crónica3.com A Mariña

Acia Foz-CCA entregou a cesta da campaña ‘O teu café ten premio’ á gañadora, Fe Rodríguez Rocha

Foz, 27 de febreiro de 2025. Hoxe tivo lugar a entrega da cesta sorteada por Acia Foz-CCA na campaña O teu café ten premio, que se desenvolveu do 17 ao 23 de febreiro, enmarcada no Campionato Internacional de Baristas e de Cata de Cafés que se celebrou no IES de Foz.

A afortunada foi Fe Rodríguez Rocha, que recibiu o premio de mans do presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, de José Manuel Martínez Yáñez, encargado de CoffeeUrbanRoasters, e de Kathy Navarro, concelleira de Comercio. Trátase dunha cesta especial composta por produtos relacionados co mundo do café. O sorteo tivo lugar onte en Radio Foz. No mesmo puideron participar todas as persoas que tomaron cafés entre o 17 e o 23 de febreiro nos 10 locais de hostalería focenses adheridos a esta campaña.

Acia Foz-CCA organizou O teu café ten premio coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

Exit mobile version