O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, presentou hoxe un novo programa de actividades no centro sociocomunitario do Valadouro
Ademais dos beneficios para a saúde que ten este tipo de programas que a Xunta promove en concellos de toda Galicia, Antón Acevedo salientou que axudan a combater a soidade no desexada, xa que, a través deles, tamén se comparten experiencias e fomentan as relacións persoais. Neste sentido, apuntou que do que se trata é de mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas que participan nas actividades.
O centro sociocomunitario de O Valadouro funciona como un espazo polivalente, no que a veciñanza participa en talleres de estimulación da memoria, aprende a manexar un teléfono móbil ou unha tablet e asiste a conferencias e charlas divulgativas, entre outras propostas. As persoas interesadas en anotarse no programa deben poñerse en contacto cos servizos sociais do concello do Valadouro.