Esta autorización, que conta coa declaración de impacto ambiental favorable, permitirá aumentar a súa capacidade en catro metros máis
A balsa de lodos vermellos é fundamental para asegurar a viabilidade futura da planta, xa que lle é clave dispoñer dunha infraestrutura onde depositar os residuos xerados durante o procedemento industrial para producir alúmina a partir de bauxita (proceso Bayer).
Con esta autorización dáse cumprimento ao anunciado pola conselleira de Economía e Industria, que avanzou hai unhas semanas que a autorización estaría a mediados de mes.
Cómpre destacar que esta autorización conta con declaración de impacto ambiental favorable, respectando así unha tramitación garantista co medio ambiente.