A Delegación Territorial acolleu hoxe a presentación da cita, coa presenza do delegado territorial, Javier Arias; o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, e representantes da asociación cultural Val de Francos, responsable da organización. Arias felicitou ao colectivo “por manter e renovar esta tradición festiva” que implica ás parroquias de Ansemar, Balmonte e Goberno. O Campo do Carril, en Ansemar, acollerá os actos a partir das catro e media da tarde. Ademais do sermón e a Queima do Entroido, haberá xogos e actividades infantís, unha degustación gratuíta de produtos de razas autóctonas galegas e sorteo de agasallos. Tamén haberá postos de venda de filloas elaboradas por filloeiras de Muimenta e animación musical con varios grupos e orquestras.
![A Xunta colabora coa celebración do Entroido do Val de Francos o día 4 de marzo no municipio de Castro de Rei](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2025/02/Val-de-Francos-1-1024x682.jpg)