A UNED “destaca pola súa completa oferta académica, que abrangue graos, másteres oficiais, microtítulos, cursos de acceso para maiores de 25 e 45 anos, e incluso formación permanente. Grazas ao seu innovador sistema de ensino semipresencial, o alumnado pode compaxinar os seus estudos coa súa vida laboral e persoal, accedendo a recursos en liña, titorías personalizadas e apoio presencial na Aula de Foz”.
A coordinadora da Aula Universitaria da UNED en Foz, Marta Muiña, explica que “a UNED é a mellor opción para quen busca formación superior coa máxima flexibilidade. A nosa metodoloxía permite que cada estudante marque o seu propio ritmo de aprendizaxe, co respaldo dun equipo docente de primeiro nivel e a posibilidade de asistir a titorías na aula universitaria de Foz”.
Pola súa banda, a concelleira Elena Martínez subliñou a importancia de contar cunha institución como a UNED en Foz: “É un privilexio para a nosa comunidade dispoñer desta oferta educativa accesible, que brinda oportunidades de formación a persoas de todas as idades e circunstancias. Animamos aos nosos veciños a aproveitar esta oportunidade e continuar o seu crecemento académico e profesional”.
Para máis información sobre a oferta académica e o proceso de matrícula, os interesados poden dirixirse á Aula Universitaria de Foz, visitar a web oficial da UNED (www.uned.es) ou contactar a través do correo foz@lugo.uned.es e os teléfonos 982.133.699 ou 604.034.549.