Site icon Crónica3.com A Mariña

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro valora “moi positivamnte” o proceso de licitación do edificio público do parque Pernas Peón

No día de mañá, 11 de febreiro, está convocada unha mesa de contratación urxente na que se aprobará o arrendamento do inmoble

Viveiro, 10 de febreiro. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro realizou unha valoración “moi positiva” do proceso de licitación do edificio público do parque Pernas Peón.

A tenenta de alcaldesa e responsable da Concellería de Parques e Xardíns, Miriam Bermúdez, amósase “satisfeita de que se lograse, despois de moito tempo, unha solución óptima para a parrillada do parque, cun contrato a 15 anos”.

“A cantina levaba 4 anos pechada, polo que é unha excelente noticia que volva entrar en funcionamento despois de que se efectuase a licitación”, engadiu Bermúdez.

Mañá, 11 de febreiro, terá lugar a xuntanza da mesa de contratación do Concello, convocada de xeito urxente. Nela aprobaranse as actas da anterior sesión, incluíndo o arrendamento do edificio do parque a David Gorgoso Prado.

Exit mobile version