Ribadeo, 20 de febreiro de 2025. A recollida de plásticos agrícolas porta a porta en Ribadeo dará comezo do vindeiro 3 de marzo.
O concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos, sinala que “este servizo, contratado coa empresa ASCAN SERVICIOS URBANOS, dará comezo o 3 de marzo e prolongarase durante os días que sexan necesarios para atender todos os avisos de recibidos en tempo e forma”.
O edil ribadense explica que “para asegurar que o servizo se preste nas condicións idóneas, todas as explotacións que precisen a recollida procurarán ter os plásticos en lugar adecuado e facilmente accesible para o camión de recollida e solicitarano a través do teléfono do Punto Limpo municipal que é o 664 00 09 32, dentro do seu horario, isto é de luns a venres de 9 a 13 horas e de 16 a 18:30 e os sábados de 9 a 13 horas, ata o venres 28 de febreiro”.
Dos Santos engade: “dende a Área de Medio Ambiente do agradeceríamos a máxima colaboración posible con este servizo, principalmente á hora de dispoñer convenientemente os plásticos no lugar de recollida”.