Ribadeo 3 de febreiro de 2025. O pasado día 9 de xaneiro o colectivo de veciñas das vivendas sociais da Rúa Clemente Mantínez Pasarón presentou no rexistro do Concello de Ribadeo un escrito asinado por máis de 150 persoas no que “solicitábamos información sobre o proxecto de obras e reforma na zona verde próxima aos nosos domicilios”. “Como é sabido, nesa zona existen sete árbores e uns contedores de lixo que prestan un servizo inestimable á veciñanza, e os comentarios que circularon os meses anteriores facían sospeitar dun proxecto de supresión dos contenedores e das árbores, sen que estivese claro a quen podería beneficiar esa reforma”.
“Por este motivo fixemos a recollida de sinaturas ca solicitude de que se nos informase a nivel oficial do proxecto concreto do concello para non ter que andar con dimes e diretes que non conducen a nada práctico”.
“Porén, transcurridos vinte días non temos recibido nengún tipo de resposta por parte do concello e observamos movementos de persoal que poideran estar en relación ca devandita obra que podería levarse a cabo de forma sorpresiva como sucedeu cas cortas de árbores no colexio de EXB e na praza Pancho Maseda”.
“Como se pode comprender, a falla de resposta non fai senón acender os temores da veciñanza, dar pe a máis rumores e á sospeita de que se van cortar as árbores e suprimir a zona verde sen causa que o xustifique”.
“Pola nosa banda reiteramos o dereito das veciñas a coñecer os proxectos do concello que nos afectan directamente e solicitamos ter acceso a un proxecto realizado e financiado con recursos de todos os cidadans”.
“Asemade lembramos a todos os ribadenses que éste non é un proxecto que nos afecte só as persoas que residimos perto da zona que se pretende reformar, xa que si se remata suprimindo as árbores e a zona verde, verase afectado o benestar de todos os ribadenses e visitantes”.