Ribadeo, 27 de febreiro, 2025. Consideran desde a plataforma “que se fixo no momento axeitado e respectando as árbores afectadas. Os pequenos defectos observados, como a escasa aplicación de pasta de protección, non invalidan unha actuación que se encamiña cos criterios que vimos defendendo”.
“Cremos que é convinte un seguimento do mantemento das nosas árbores por parte da xente do pobo, entre a que nos atopamos, e así o seguiremos a facer”.
“Por outra banda, felicitámonos polo feito de que as nosas accións en defensa das árbores do noso Concello vaian dando froito”.