Ribadeo, 5 de febreiro, 2025. Esta mostra, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que quere dar a coñecer ao público máis novo a amplísima oferta musical no noso idioma, chega ao IES de Ribadeo Dionisio Gamallo o día 6 de febreiro e estará exposta desde ese día no hall de entrada do centro ata o día 20 do mesmo mes.
A mostra repasa o percorrido histórico da música en galego desde os anos sesenta ata a revolución creativa actual, a través das bandas e solistas máis influíntes e representativos en diferentes estilos -ritmos tradicionais revisados e actualizados, pop, rock, canción de autoría, experimentación e electrónica, músicas urbanas, hip hop ou rap- e incorpora códigos QR cunha ligazón directa a listas de reprodución propias do proxecto para poder escoitalas
Esta actividade está organizada polo departamento de Música, EDLG e Vicedirección e conta tamén cunha unidade didáctica arredor da exposición para poder introducir a música en galego noutros proxectos.
A inauguración da exposición terá lugar ás 13:00 coa asistencia do alumnado de 2º ESO cun posterior roteiro que levará a cabo o seu comisario, Pepe Cunha. Está prevista tamén a asistencia dun representante da Deputación .
.