O mariñán José Manuel Balseiro interpelará a Sara Aasegen no pleno da Cámara Alta previsto para este martes 11 de febreiro
A Mariña, 9 de febreiro de 2025. A Ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Sara Aasegen, terá que explicar por que quince meses despois de prometer unha solución o Goberno de España mantén o bloqueo administrativo dos cinco parques eólicos de competencia estatal que darían servizo a Alcoa.
José Manuel Balseiro, formulará unha pregunta á ministra no Pleno do Senado previsto para este martes, 11 de febreiro, pola que obriga a nova titular deste ministerio a xustificar as razóns desta demora que está a impedir que os parques eólicos estean operativos acompañando o proceso de progresivo arranque das cubas.
CADUCIDADE DOS EÓLICOS ESTATAIS
O pasado mes de novembro, nunha resposta oficial por escrito a preguntas tamén de José Manuel Balseiro no Senado, o Goberno de España admitía que deu fóra de prazo a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) de cinco parques eólicos, o que implicou que caducasen o seus permisos de acceso á rede eléctrica.
En particular, as declaracións emitidas pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio fóra de prazo suman uns 400 megawatts de potencia a instalar: Levante (106 megawatts); Xistra (89,6 megawatts); Borrasca (84 megawatts); Boura (72,8 megawatts) e Monzón (50,4 megawatts)
Naquel momento tanto desde o Ministerio como desde o PSOE prometeron unha solución e incluso aprobaron un Real Decreto –BOE do 28 de novembro- que a permitía volver a autorizar eses parques pero hoxe, quince meses despois, a situación administrativa segue bloqueada.
Balseiro lembra que a construción destes parques eólicos de competencia estatal, os de maior potencia, e outros de menor tamaño que xa contan coa autorización da Xunta, permitirían subministrar enerxía a prezos máis estables e accesibles a Alcoa. Precisamente o elevado prezo da enerxía e o principal factor que compromete a viabilidade da industria electrointensiva en España, incluído a factoría de alúmina e aluminio de San Cibrao, que ademais ten que soportar a falta de reacción e compromiso do Goberno.