O pasado día 8 deste mes presentouse unha denuncia no cuartel da Garda Civil, na cal se poñía en coñecemento a subtracción dunha caseta de obra que se atopaba nunha leira situada no termo municipal de Foz, e que tres días máis tarde estaba á venda nunha páxina en liña especializada na venda de diversos materiais de segunda man. Como resultado da investigación localizouse esta caseta subtraída e investigouse aos presuntos autores do ilícito. As dilixencias policiais e as persoas investigadas foron postas ao dispor xudicial.
