Site icon Crónica3.com A Mariña

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Ribadeo, maior de idade, como suposto autor da comisión dun delito de simulación de delito

O pasado mes de outubro presentouse unha denuncia ante a Garda Civil relativa ao extravío ou apropiación indebida de dous teléfonos móbiles de alta gama, valorados ambos en 2400 euros, que supostamente desaparecerían durante o proceso de recepción dos mesmos por unha empresa de envío de paquetería. Por mor destes feitos iníciase unha investigación policial, na cal se verifica que no testemuño da persoa denunciante aparecen afirmacións que non resultaron ser verídicas, e que froito das pescudas realizadas compróbase como polo menos un dos terminais presuntamente desaparecidos, atopábase en poder dunha familiar de quen finalmente foi investigado. As dilixencias policiais e a persoa investigada foron postas ao dispor xudicial.

Exit mobile version