Neste encontro, que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, a conselleira e o rexedor abordaron posibles vías de colaboración. A conselleira puxo de relevo a aposta da Xunta para cooperar cos pequenos concellos a través de actuacións que contribúan a fixar poboación e a mellorar a calidade de vida da veciñanza.