A edil felicitou aos gañadores: “parabéns aos gañadores, e moitas grazas ás familias e aos centros educativos pola importante labor que realizan a favor da poesía e do fomento da lectura” e animounos a seguir escribindo “oxalá nuns anos presentemos algún dos vosos libros nesta biblio” e lendo “porque canto máis lemos máis ideas se nos ocorren”. Cada un dos premiados recibiu un diploma e un lote de libros. Os traballos seleccionados pasan a concursar na fase provincial.