Site icon Crónica3.com A Mariña

A Agrupación Cultural Francisco Lanza de Ribadeo celebrou este sábado o Día de Rosalía cun “Caldo de gloria” no que unhas corenta persoas confraternizaron en torno ao prato que deu orixe ao poema “Miña casiña, meu lar”, da poeta

No acto houbo música e poesía. Eli García-Bouso e Toño Martínez prepararon para a ocasión unha versión musicada do poema rosaliano. Tamén se leron outros versos da poeta de Iria Flavia. Un grupo de nenos e nenas, xunto coas súas nais, leron o poema “Miña casiña meu lar”. A directiva da Agrupación está moi leda polo resultado desta xornada. “Cremos que é unha actividade que veu para quedar entre nós”

Exit mobile version