Os tickets poderán adquirirse en casa Eladio, Bar A Curva, Café Bar Rolindes, Bar Amorne, Bar A Zapatería, Cafetería Doce e Restaurante A Chabola a partir do próximo sábado, ou ben reservarse en liña a través do whatsapp do número de teléfono 614 191 962
Terá lugar na carpa que o Concello instalará en fronte aos Leóns, onde habitualmente celébranse os concertos de agosto.
O menú da cea terá un prezo de 35 euros, que inclúe sopa, cocido, sobremesa, café, chopo, pan e bebidas (viño, cervexa, refrescos e auga). Os tickets para a cea poderán adquirirse a partir do próximo sábado en casa Eladio, Bar A Curva, Café Bar Rolindes, Bar Amorne, Bar A Zapatería, Cafetería Doce e Restaurante A Chabola. Ademais, para facilitar a asistencia á xente que se atopa fóra de Viveiro, habilitan un sistema de reserva de entradas a través de whatsapp no número de teléfono 614 191 962, que xa se pode utilizar.
Ao acabar a cea, haberá entrada libre para todo o que queira gozar dunha das noites con máis tradición de Viveiro. O evento contará con música, concursos de disfraces en distintas categorías e moitas outras sorpresas para o público.
Desde a comisión indican que “despois do gran éxito da Cea de Nadal celebrada en Las Sirenas, na que cubrimos as prazas en tan só 5 días, optamos por organizar esta festa nun espazo un pouco máis amplo, e cremos que os xardíns, onde o Concello instalará unha carpa para levar a cabo máis actividades, é o sitio perfecto debido á súa proximidade co Casco Histórico”.
“Consideramos que o 3 de marzo é o día perfecto para facelo, xa que o luns sempre foi un día moi forte no Antroido de Viveiro, e unha das nosas premisas é a de fomentar e fortalecer as nosas tradicións” subliñan.
Por último, sinalan que “nas vindeiras semanas iremos completando ou programa desta Festa do Antroido, detallando ou apartado musical, os concursos de disfraces e demais sorpresas, para así acadar un evento especial, único e atractivo”.