O conselleiro do Mar puxo en valor esta actividade no marco do sector pesqueiro galego e louvou o traballo desenvolvido por esta entidade na defensa, recoñecemento e mellora das súas condicións laborais
O titular de Mar tamén destacou a colaboración da Federación co Instituto Galego de Seguridade Laboral para mellorar as condicións de traballo e previr doenzas relacionadas coa súa actividade así como os avances para implantar un programa específico de inspección laboral para as redeiras galegas. Alfonso Villares puxo e valor os esforzos dirixidos á diversificación da actividade coa finalidade de complementar os ingresos das profesionais nos períodos de inactividade e a participación en congresos, feiras e eventos relacionados co sector nos que promocionar o seu traballo.
O conselleiro tamén resaltou a traxectoria da entidade na promoción do asociacionismo máis alá das fronteiras da comunidade, na mellora da capacitación profesional sectorial e empresaria das redeiras galegas co obxectivo de complementar e mellorar as posibilidades de traballo e competencia destas profesionais. Nesta liña, reiterou o compromiso do Goberno galego de seguir colaborando para seguir avanzar en todos estes obxectivos comúns para acadar garantir a necesaria remuda xeracional dunha actividade esencial para unha sector pesqueiro sostible e competitivo.