Site icon Crónica3.com A Mariña

Un centenar de gandeiros participaron nunha xornada sobre vacún de leite en pastoreo na que se avaliou o modelo de Nova Zelanda

O Pazo de San Marcos acolleu este encontro no que se expuxeron as conclusións da viaxe de estudo promovida pola área de Rural e a Asociación para Desintensificación do Agro

Lugo, 10 de xaneiro de 2025. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro inaugurou este venres unha xornada sobre vacún de leite en pastoreo organizada pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Asociación para a Desintensificación no Agro.

Mäis dun centenar de gandeiras e gandeiros asistiron a este encontro formativo, no que se intercambiaron coñecementos adquiridos durante a viaxe a Nova Zelanda realizada o pasado mes de decembro pola entidade lucense coa colaboración da área de Rural para coñecer de primeira man o modelo de produción láctea neozelandés.

Durante a xornada, expuxeron as súas impresións as gandeiras e gandeiros que participaron neste viaxe formativa na que visitaron granxas, empresas de selección xenética e de produción de sementes e mesturas, organizacións de produtores e cooperativas de transformación, así como campos de investigación e centros experimentais.

Efrén Castro valorou “a posibilidade de intercambiar coñecementos a partir desta viaxe e de avaliar a alternativa que representa Nova Zelanda en canto á produción láctea, tendo en conta a importancia deste sector para a provincia”

Na viaxe a Nova Zelanda participaron unha vintena de gandeiros, gandeiras e persoal técnico e investigador vinculado ao pastoreo e á produción ecolóxica.

Exit mobile version