Este luns 20 de xaneiro ás 12:00 abriu o prazo para solicitar en concorrencia non competitiva esta axuda dentro do programa de corrección de impactos paisaxísticos do Instituto de Estudos do Territorio pertencente á Xunta de Galicia.
O alcalde de Trabada, Rubén García, sinala que “esta actuación reforza o compromiso de mellorar e poñer en valor as infraestruturas municipais. Tras a recente reforma interior da vivenda, agora damos un paso máis coa mellora da cuberta, contribuíndo á eficiencia enerxética do edificio”.
As antigas escolas das parroquias de Trabada están actualmente destinadas a alugueiros sociais e, segundo indicou o alcalde, “nos próximos días accederán ás vivendas as persoas que presentaron a súa solicitude e que cumpren cos requisitos establecidos”.
O goberno local continúa así co seu obxectivo de recuperar espazos públicos e fomentar o seu uso social.