A Guía Oficial de Turismo Ana Pena comeza o ano propoñendo novas visitas guiadas na Mariña. A do próximo domingo 19 de xaneiro ás 10h terá lugar no concello de Ribadeo. Máis concretamente será a Senda Azul, un interesante percorrido entre o Muíño das Aceas e o Faro de Illa Pancha, que pasa por lugares de importancia como a ría de Ribadeo, a Praia dos Bloques, a zona portuaria, ou o parque etnográfico do Cargadoiro, entre outros. A ruta ten unha extensión de 10km cunha dificultade baixa e poden asistir mascotas. O prezo é de 10€ persoa e as reservas poden facerse no 654 99 68 57.
Ruta pola Senda Azul de Ribadeo
Ruta pola Senda Azul de Ribadeo
Relacionado
-
Os 7 alumnos/as do obradoiro de xardinería están a realizar traballos de poda no núcleo de Cervo
-
Ribadeo ven de recuperar o lavadoiro de Rinlo cun investimento de 10.000 euros
-
A Garda Civil detén en Ribadeo a un veciño de Trabada, de 32 anos de idade, como suposto autor dun delito de roubo con forza nas cousas