Ribadeo, 14 de xaneiro de 2025. Ribadeo ven de recuperar o lavadoiro de Rinlo cun investimento de 10.000 euros.
O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos investindo na conservación do noso patrimonio. Neste caso estamos a falar da recuperación do lavadoiro de Rinlo. Dende a asociación O Cantal, a que lle agradezo o seu traballo, trasladáronos que era importante renovar este lavadoiro e investimos máis de 10.000 euros no lavadoiro de Rinlo. Neste caso estamos a falar dun espazo que estaba realmente abandonado e quixemos poñelo en valor, desde un punto de vista do noso patrimonio local”.
O rexedor explicou que “no lavadoiro renovamos por completo a cuberta, tamén as columnas, a recuperación de todo o pilastre. Isto supón unha inversión importante, unha inversión para arranxar nestes momentos moito patrimonio que está abandonado, pero despois temos que ser conscientes de que debemos conservar, coidar, para non ter que mal gastar o diñeiro”.
Para Vega “se neste momento estamos recuperando moito patrimonio, moitos edificios, moitas rúas ou moitas prazas é por que non houbo unha conservación. Non vamos caer nese error, vamos seguir investindo, pero vamos ser conscientes de que debemos conservar todo o patrimonio que ten o Concello de Ribadeo”.
E tivo palabras de agradecemento para O Cantal: “agradecer á asociación O Cantal por toda esa reivindicación constante para o pobo de Rínlo, pero evidentemente un traballo conxunto co Concello, cos veciños, en definitiva entre todos estamos traballando para que Ribadeo avance”.