Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo encheuse de xente para presenciar o sorteo de premios da Xiv Festa do Comercio de Acisa

Ribadeo, 11 de xaneiro de 2025. Centos de persoas asistiron esta noite en Ribadeo á XIV Festa do Comercio de Acisa. A carpa da avenida Rosalía de Castro e a propia rúa quedaron pequenas para acoller a toda a xente que non quixo perder esta tradicional cita coa que se pon o broche de ouro ao Nadal na vila ribadense.

O acto contou coas intervencións do alcalde, Dani Vega, do director xeral de Comercio da Xunta, Gabriel Alén, e da presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, que agradeceu a fidelidade aos negocios locais demostrada nas 180.000 rifas repartidas desde o pasado 5 de decembro para este importante sorteo, co que culminou tamén o ano da celebración do 35 aniversario de Acisa Ribadeo.

O premio non presencial, dotado con 250 euros en vales de compra, foi para Macu de Ribadeo (nº 110.704, entregado en Adele).

O colgante exclusivo de prata de lei con madreperla, xentileza de Terra Branca, foi para Miguel de Ribadeo (nº 59.380, entregado en La Bugalla).

O reloxo Time Force Status Chrono, xentileza de Xoeiría Azabache, correspondeulle a Antonio de Luarca (nº 168.769 entregado en O Indiano).

O premio de 250 euros en vales de compra foi para Iago de Ribadeo (nº 65.260 entregado en Bimba).

O premio de 500 euros en vales de compra recibiuno Antonia de Ribadeo (nº19.200, entregado en Ribamueble).

O premio de 1.000 euros en vales de compra correspondeulle a Olga de Ribadeo (nº 88.952 entregado no Costa Verde).

O premio de 1.500 euros en vales de compra foi para Meritxel de Ribadeo (nº 161.728 entregado en O Lar de Manolo).

O premio de 2.500 euros en vales de compra recibiuno Mª José de Ribadeo (nº 7.742 entregado en Cervecería San Roque) .

E a viaxe a Mallorca para 2 persoas foi para Conchi de Ribadeo (nº 98.084 entregado en Bar Queimada).

Na entrega de premios participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o CEO de BeOne, Roberto Ramos, o responsable de Gestión Gratelu e Multitrasteros, Pablo Posada, así como @s directivos de Acisa, José Ramón Leal, Trinidad Otero, Manoli Torviso, Virginia Eceiza, a presidenta do colectivo empresarial, Carmen Cruzado, e o xerente, Jesús Pérez.

Asistiron tamén á XIV Festa do Comercio de Acisa concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal de Ribadeo así como deputados provinciais e autonómicos. O evento foi conducido polo xornalista Félix Jorquera.

Exit mobile version