Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acelleu este venres a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria da Rede de Municipios Indianos do Cantábrico

Ribadeo, 31 de xaneiro de 2025. O Salón dos Alcaldes acolleu hoxe a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria da Rede de Municipios Indianos do Cantábrico, na que os asistentes abordaron cuestións como o establecemento das cotas para o exercicio de 2025, a inclusión na web da Rede do Concello de Ribadeo e a actualización dos contidos de todos os municipios, a proposta de elaboración dun novo vídeo promocional ou a posta en marcha de talleres de liado de tabaco, salazón e elaboración de mojitos.

O alcalde, Dani Vega, sinalou que “estamos encantados de acoller a celebración desta Asemblea da Rede de Municipios Indianos do Cantábrico, á que pertence Ribadeo. Somos porta norte de acceso a Galicia, somos municipio acolledor, que recibe cos brazos abertos a quen nos recibe, e contamos cunha cita, o Ribadeo Indiano, que neste 2025 cumpre 10 anos. Aproveitamos a ocasión para convidar a asistir a todos os Concellos que forman parte desta Rede”.

Exit mobile version