Este sábado, 1 de febreiro de 2025, ás 21,00 horas, o grupo teatral “O Centiño” de San Martiño representará no salón de actos da Casa da Cultura de Trabada a súa obra “A Morte Morrida”, unha reflexión en clave de comedia sobre a xubilación e a importancia de crer na vida e no seu valor. O acto está organizado polo concello de Trabada.