A Casa de Galicia en Madrid acollerá este xoves 23 de xaneiro a presentación oficial da vixésima edición da Feira Expomar, que se celebrará na nave de redes do porto de Burela (Lugo) do 7 ao 10 do mes de maio
De feito, está confirmada a asistencia dun nutrido grupo de representantes do sector pesqueiro: desde a Consellería do Mar da Xunta de Galicia ou o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, ata empresas expositoras ou representantes municipais, deputados e senadores.
No acto participarán, ademais da presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López; e do presidente da Casa de Galicia, Luis Ramos; o conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares; a secretaria xeral de Pesca do MAPA, Isabel Artime; o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé; así como o xerente da Fundación Expomar, José M. González “Brais”.
Ao finalizar a presentación os asistentes participarán dun menú degustación patrocinado pola ConsellerÍa do Mar da Xunta de Galicia, con algúns dos principais produtos pesqueiros das frotas de Burela, como a pescada do pincho, o bonito do norte ou o peixe espada.