As actividades comezan o día 1 de febreiro coa representación de ‘Ándale! Bon appétit!’ a cargo de Ghazafelhos Teatro
A primeira representación desta programación será ‘Ándale! Bon appétit!’ da compañía Ghazafelhos Teatro, unha comedia dirixida a a un público infantil a partir de 6 anos.
As representacións continuarán con ‘Desexo’ de Talia Teatro o 8 de febreiro, ‘As Gardiás’ de Teatro de Ningures o 15 de febreiro, ambas para público adulto.
En marzo será a quenda de ‘As formas do amor’ de Verdeveras o día 1, ‘A Cincenta que non quería comer perdices’ de Sarabela Teatro o 8, ‘O mundo máxico de Pinocho’ de Educa Teatro o 15, e ‘Los hombres que no mienten’ de Teatro Andanzas o 22.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala que “xa celebrado o 100 aniversario do Teatro Pastor Díaz, este non amosa signo algún de esgotamento, cunha programación variada e chea de calidade”.
“O Pastor Díaz é un referente tanto en Viveiro como para o circuíto artístico de toda Galicia, polo que convidamos á veciñanza a apoiar as representacións destes meses para que volvan ser todo un éxito”, engadiu.