Ribadeo, 7 de xaneiro, 2025. A Agrupación Cultural Francisco Lanza estrea ano coa celebración dun novo acto cultural: a presentación do libro “Entre a memoria e o esquecemento” de Guiomar Acevedo López, un ensaio que aborda o tema da memoria e da identidade no exilio republicano en México.
Guiomar Acevedo López (Ciudad de México, 1984) é escritora e historiadora. Licenciada en historia pola Universidad Nacional Autónoma de México e Mestra polo Colegio de México. Especializouse en estudos de memoria histórica, procesos históricos de disrupción social e fenómenos de desprazamiento forzado ao longo do século XX, nomeadamentedol exilio republicano español. É autora do libro “Entre memoria y olvido: ochenta años del pasado contemporáneo español” (traducido ao galego por Mario López Rico e editado por Laiovento). Actualmente dedícase á docencia, a investigación e a difusión cultural.
Guiomar Acevedo López ten orixes na Mariña lucense. O seu avó, Juan López Durá, membro do Partido Galeguista, era irmán do coñecido médico ribadense Mario López Durá, tamén vinculado ao Partido Galeguista.