“O Goberno de Viveiro, anunciou na investidura, diálogo e participación, pero era mentira, ao igual que o cumprimento do Pacto asinado. Non teñen interese en falar, o que lles interesa e manter os seus postos de poder e ben remunerados a calquera prezo, aínda que saia Viveiro perdendo”
A sorpresa do grupo local, é que a día de hoxe, tan só o Partido Popular se puxo en contacto vía telefónica, para coñecer a súa proposta.
“O PSOE simplemente publicou unha nota vendendo fume coas nulas accións de goberno deste ano e medio e non deu resposta a se quere seguir gobernando con 5 concelleiros, en coalición do BNG e en minoría”.
“O BNG, declinou, a través da súa portavoz, e publicou un vídeo dende as instalacións municipais, atacando ao noso portavoz, unha vez máis de forma persoal. A portavoz do BNG, cando non ten argumentos válidos, só sabe atacar aos demais deste xeito, e a maioría das veces, con mentiras, simplemente para ocultar, o seu cambio de postura con María Loureiro. Venderse politicamente e negar o traballo dos catro anos que estivo na oposición por un cargo no goberno, e un salario de máis de 40.000€ anuais. Así mesmo en diversas declaracións nos medios, indicou que non habería represalias para Por Viveiro, o que os independentes nos preguntamos ¿a que represalias se refire a Portavoz do BNG? ¿É unha ameaza para a nosa formación política? ¿E esta a forma de facer política deste BNG?
Os independentes de Por Viveiro, anuncian polo tanto, que convocarán ao PP de Viveiro a una reunión formal, para dar conta da súa proposta, e escoitar as súas impresións a cerca da mesma”.
Por outro lado, como forza aberta e con capacidade de diálogo, “estamos dispostos a manter reunións cos partidos do actual goberno local, sempre e cando así nolo fagan saber os seus representantes, que tanto falan de diálogo e participación, pero que á hora da verdade, non a exercen”.