Os Magos de Oriente levaron a ilusión ás usuarias e usuarios destas instalacións, entregáronlles caramelos e charlaron con eles. Será xa na noite do 5 ao 6 de xaneiro cando os Reis Magos retornen para deixar nalgún lugar da residencia o agasallo do Concello de Ribadeo: un collarín, que poderán empregar para os seus desprazamentos en coche ou para ver a televisión comodamente no sofá. Tamén reciben este presente as persoas usuarias do centro de día e do SAF e as residentes en La Villa Hogar e en Mirador del Eo. Xunto a Melchor, Gaspar e Baltasar estivo a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra.