Ao redor das 18:30 está prevista a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar ao Porto Deportivo, desde onde serán trasladados por Protección Civil á Oficina de Turismo de Lagarea. No punto de atención turística estaranlle a esperar os paxes e as carrozas para iniciar a tradicional cabalgata, que terá o percorrido habitual de Avenida Escola de Gaitas, Penela, Rúa Eugenio López, Tres Farois e a Praza de Isabel II. Unha vez a comitiva real chegue á céntrica praza, a Casa do concello abrirá as súas portas para que os Reis Magos reciban aos nenos e nenas de Ortigueira no claustro e escoiten os seus últimos desexos.