Ribadeo, 27 de xaneiro de 2025. Os parques e espazos públicos exteriores permanecerán pechados hoxe, 27 de xaneiro, en Ribadeo, “debido a que nos atopamos en alerta laranxa ata as doce da noite, segundo a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. Os fenómenos meteorolóxicos adversos desta xornada poden deixar rachas de vento de ata 100 quilómetros por hora”, ven de explicar o alcalde, Dani Vega.
O rexedor insiste en pedir prudencia á poboación para transitar pola rúa “xa que poden caer lousas ou outros obxectos dos tellados e dos edificios. Tentemos entre todos extremar as precaucións para evitar calquera tipo de contratempo”.
Vega engade que “a borrasca Herminia deixou onte incidencias como caídas de ramas e dalgunha árbore así como dalgún cable, unha farola no paseo marítimo e danos no mobiliario urbano”.