Os deputados que participaron nesta edición son Antonio Ameijide, José Ángel Santos, Armando Castosa, José Pardo, Luis Fernández, Héctor Corujo, Clemente Iglesias e José María Fernández. O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explicou que “estamos en contacto con representantes doutras deputacións e administracións locais para coñecer novas canles de comunicación e de difusión para poder levar novas ideas para a promoción da provincia”. Ameijide explica que “se trata dun traballo que deberían facer e do que preocuparse dende o goberno provincial, pero vemos como levan demasiados anos ancorados nas mesmas ideas e sen facer nada por atraer novos turistas á provincia”.