Os usuarios, con idades comprendidas entre os 4 e os 17 anos e na súa maioría varóns (65%), chegan ao programa derivados desde os servizos sociais municipais (9,3%), os centros educativos (39,5%) e Cáritas (51,2%).
Practicamente a totalidade destes nenos, nenas e adolescentes reside no municipio de Foz e o 37% deles son de nacionalidade española.
Este Espazo de Preservación Familiar púxose en marcha en febreiro de 2023 como resultado do convenio alcanzado entre Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol e as Fillas do Divino Celo-Rogacionistas de Burela, co fin de ofrecer, de forma gratuíta todos os días laborables do ano, un servizo de prevención e formación no ámbito socioeducativo a menores cunha situación familiar que puidese presentar algún grao de vulnerabilidade.
O programa é posible grazas á subvención da Consellería de Emprego da Xunta de Galicia (que alcanza os 44.100 euros para este ano, 2025) e á achega económica das propias entidades (Fillas do Divino Celo-Rogacionistas e Cáritas Diocesana).