Lugo, 24 de xaneiro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, mantivo este venres un encontro co Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, no marco da Feria Internacional de Turismo (FITUR) celebrada en Madrid. Na visita de Sánchez ao expositor de Galicia, o mandatario provincial aproveitou para agradecerlle o compromiso do Goberno de España coa provincia con investimentos de máis de 2.300M€. Destacou o esforzo investidor en infraestruturas claves para a provincia como a renovación da liña ferroviaria Ourense-Monforte-Lugo, a reapertura do viaduto do Castro ou os avances nas obras da autovía A-54 que conecta Lugo con Santiago.
Tomé Roca e Pedro Sánchez percorreron, xunto con outras autoridades, os espazos destinados ás diferentes provincias situadas no expositor galego. Ademais, o Presidente da Deputación asistiu no stand de Turespaña ao acto no que Sánchez avanzou as liñas estratéxicas do Goberno de España en materia turística para este 2025.