Barreiro, Balseiro e Serrano fixeron balance da actividade no Senado durante o último ano 2024 acompañados pola presidenta provincial, Elena Candia
Os senadores populares fixeron un pequeno balance da actividade no Senado no 2024 durante o que lembraron tanto a propia actividade na Cámara Alta como “o traballo a pé de rúa no noso territorio que nos permite escoitar as necesidades dos lucenses en relación a distintos sectores e ámbitos de actuación e tamén presentar iniciativas do seu interese”.
A presidenta destacou o compromiso do PP de Lugo cos lucenses, a coordinación do traballo e a implicación do Partido Popular cos asuntos que interesan aos lucenses e que afectan ao noso territorio. Así mesmo, incidiu en que “traballamos desde as distintas cámaras dende a responsabilidade e dando resposta ao apoio maioritario dos lucenses”.
Concretamente, teñen presentado un total de 159 iniciativas no Senado -entre preguntas con resposta escrita, en Pleno ou en Comisión, mocións en Pleno ou en Comisión e interpelacións. E, no último semestre do ano, contabilizan unha vintena de reunións con colectivos -alcaldes e portavoces, gandeiros, comité de Alcoa e empresarios-, visitas e outras accións en distintos concellos -Abadín, A Pastoriza, Cervo, Foz, Lourenzá, Palas de Rei, Pedrafita, Rábade, Sarria ou O Valadouro-, ademais da propia cidade de Lugo.
“A reivindicación da mellora das infraestruturas -tanto en autovías, estradas nacionais e a súa iluminación como na liña ferroviaria, a alta velocidade ou o Corredor Atlántico- fronte á discriminación que sofre a nosa provincia por parte do Goberno de Sánchez” é un dos principais ámbitos de actuación.
Tamén estiveron os senadores do PP moi pendentes da situación da industria galega e da lucense en particular -Alcoa e Altri- e doutros temas que “os alcaldes, portavoces, colectivos e veciños en xeral nos trasladan durante as visitas e reunións.
Por temas, os senadores diferenciaron tres bloques: asuntos relacionados coa provincia, temas relaciones coa cidade de Lugo ou asuntos de interese xeral para os españois ou para os distintos sectores que defende o Grupo Popular no Senado, algúns deles con especial repercusión na provincia.
Algúns exemplos son os temas que lles preocupan aos gandeiros como é “a protección do lobo e a desprotección da gandería” ou aos empresarios que precisan máis solo industrial a prezos competitivos. Tamén apoiamos as reivindicacións de sectores coma o do mar ou as perruquerías que piden rebaixar o IVE. E tamén da mellora das condicións e o aumento de efectivos dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado na provincia e dos funcionarios do Goberno que, recentemente, se vén afectados pola comprometida situación de Muface.
LUGO CIDADE
En relación coa cidade de Lugo, os senadores interesáronse polo emprazamento, proxecto e orzamento da futura Comisaría de Policía, o convenio asinado entre Concello e Confederación para evitar asolagamentos do río Rato e avanzar no Plan Paradai e sobre rehabilitación e recuperación de vivendas nos barrios de A Milagrosa e de Feijóo.