Este camiño municipal necesita un arranxo integral e o pavimentado con aglomerado dado que pode ser unha vía alternativa de comunicación entre o polígono de Fazouro e a nova depuradora que a Xunta está a construír en Forxán
Foz, 30 de xaneiro de 2025. Os concelleiros do Partido Popular de Foz pedirán ao goberno socialista, a través dun rogo no pleno municipal que se celebra no día de hoxe, que asfalte o camiño que une a nova depuradora co polígono de Fazouro.
O camiño municipal desde a Granda de Forxán ao Caldouceiro, en Fazouro, necesita un arranxo integral e o pavimentado con aglomerado dado que pode ser unha vía alternativa de comunicación entre o polígono e a nova depuradora que a Xunta está a construír en Forxán, resultado das xestións realizadas no seu día polo goberno municipal do Partido Popular. “Trátase dunha vía que merece estar nas melloras condicións xa que coa nova depuradora abríranse novas oportunidades na zona e, ademais, xa circulan moitos vehículos pola mesma e é preciso dotala das maiores das seguridades”, subliña o voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira.
Os populares cren que “non precisaría dun investimento moi grande e que se pode financiar ou ben a cargo do Plan Concellos da Deputación, ou ben a través de subvencións que ofrece o Agader ou a Xunta de Galicia coas que se están arranxando estradas ruraris, ou mesmo con fondos municipais a cargo dos orzamentos do 2025 si é que o señor Cajoto ten a ben presentalos”.