Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Trabada preguntará ao alcalde se o Concello está a comprobar que se respectan os pliegos do contrato do centro de atención a maiores

O voceiro popular lamenta que “semella un problema” que “non lle importa nin ao alcalde nin ao equipo de goberno” polo que queremos respostas sobre a actuación por parte do Concello na fiscalización do centro

Trabada, 24 de xaneiro de 2025. Os concelleiros do PP de Trabada preguntarán no vindeiro pleno se o Concello está a fiscalizar a correcta prestación do servizo no centro de atención a maiores do municipio xa que “dende hai tempo se reiteran as queixas, tanto de usuarios como de traballadores”.

O voceiro popular, José María Fernández, explica que “semella un problema enquistado que ao alcalde e ao seu equipo de goberno non lle importa” xa que “un bo rexedor se preocuparía porque tanto os usuarios como os maiores tiveran as mellores condicións para a correcta atención e prestación do servizo”.

José María Fernández fai esta reflexión aclarando que “buscamos sempre o mellor para os nosos maiores e tamén para os empregados deste centro”.

Por este motivo, o voceiro popular preguntará ao alcalde se o Concello de Trabada está a fiscalizar que “se cumpran os pliegos do contrato, así como que se respecte o convenio colectivo dos traballadores”.

“O único que queremos é que este centro funcione da mellor forma posible para que os traballadores teñan un bo clima de traballo o que redundará nunha mellor atención e servizo aos nosos maiores”, concluíu.

Exit mobile version