José María Fernández sinala que esta petición realízase para “disuadir” de determinadas accións delitivas e que no caso de que se sigan a producir “as imaxes servirán ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para esclarecer os feitos e dar cos culpables”
O voceiro popular, José María Fernández, explica que “non se trata de comezar a colocar cámaras en cada esquina” senón que “o idóneo sería, nun primeiro prazo, colocar cámaras nas entradas do termo municipal”, para que, no caso de que se produza algún acto delitivo, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado teñan imaxes para poder esclarecer os feitos. “Contar con imaxes en vídeo ou foto axuda a resolver delitos e atopar aos culpables”, recordou.
Os concelleiros populares realizarán esta petición tras ver como determinados actos non se puideron resolver polo que “o único que buscamos á axudar ás fozas de seguridade no seu traballo”.
José María Fernández recorda que, antes de instalar as cámaras, hai que pedir permiso ao Goberno do Estado polo que “o primeiro paso é obter este permiso”.