Javier Castiñeira lamenta que “PSOE e BNG se apuraran moito para subir impostos pero que non sexan capaces de sacar adiante os contratos que están caducados e q ue lle están custando moitos cartos aos focenses”
Foz, 3 de xaneiro de 2025. O Partido Popular atribúe á crise do bipartito que Foz aínda non teña Orzamento para o 2025. “Lamentamos que, a día de hoxe, iniciado o 2025, o Concello de Foz non teña orzamentos e que, de momento, nin se nos chamou para mostrarnos algún tipo de avance ou pedirnos algún tipo de propostas”, sinala o voceiro popular, Javier Castiñeira.
A parálise económica e administrativa é total e non se están tramitando expedientes nos que, como mínimo, se debería estar traballando como son o Orzamento do 2025, o contrato da Residencia de Maiores ou o contrato da auga caducado desde hai anos.
Javier Castiñeira lamenta que “PSOE e BNG se apuraran moito para subir impostos, entre eles o da auga, pero que non sexan capaces, debido á falta de traballo en equipo, de sacar adiante os contratos que están caducados e que lle están custando moitos cartos aos focenses mentres os servizos seguen en situación irregular”.
Nesta lexislatura, socialistas e nacionalistas só se puxeron de acordo para subirlle os impostos aos focenses pero os asuntos importantes están gardado no caixón ata que se resolva o conflito e as diferencias dentro da coalición, que só parece manterse por intereses extramunicipais.
“Foz está sen orzamentos e iso prolongará a parálise municipal que estamos a vivir e da que se queixan os veciños, os cales están fartos de pagar máis impostos tendo peores serivos”, explica o voceiro do PP de Foz.
Os populares piden que “os membros do bigoberno resolvan, canto antes, os seus problemas e se poñan a traballar que para iso o Concello está pagando catro dedicacións a un equipo de goberno que está totalmente aturdido”.