Organizada por ASPANANE e pola Federación FADEMGA Plena inclusión Galicia, terá lugar o vindeiro 7 de febreiro no Hospital da Mariña
O encontro terá lugar o vindeiro 7 de febreiro no Salón de Actos do Hospital da Mariña (Burela), e busca ofrecer unha visión multidisciplinar sobre os aspectos máis relevantes da saúde e o envellecemento en persoas con discapacidade intelectual, así como compartir experiencias e boas prácticas para o acompañamento e coidado en todas as etapas da vida.
Entre as poñencias que poderemos escoitar cabe destacar a xeriatría como especialidade para coidar a saúde das persoas con discapacidade intelectual, os retos asociados a atención do colectivo ou aspectos clave para a saúde mental das persoas con discapacidade intelectual entre outras.
Aquelas persoas interesadas en participar, podedes achegarnos a vosa inscrición a través deste formulario. (Prazo aberto ata o 31 de xaneiro)
A inscrición é gratuíta ata completar aforo.
FADEMGA Plena inclusión Galicia, é a Federación de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual, que conta en la actualidade con 41 entidades galegas federadas. A misión do Movemento Asociativo é contribuír, dende o compromiso ético, a que cada persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e a súa familia podan realizar o seu proxecto de calidade de vida, así como promover a súa inclusión como cidadáns de pleno dereito nunha sociedade xusta e solidaria.