O delegado reiterou o apoio do Goberno ao desenvolvemento sostible e respectuoso do potencial turístico que ten o litoral norte de Galicia, e que se materializa a través do Plan de Sostibilidade Turística da Mariña, que cofinancia o Ministerio de Industria e Turismo cun millón de euros de fondos do Plan de Recuperación. Lembrou que A Mariña é un dos 43 destinos turísticos de Galicia que o Goberno está a transformar con investimentos e coa colaboración das entidades locais, chegando a un de cada dous concellos galegos. Na súa intervención, o delegado puxo en valor o traballo dos concellos pertencentes a esta Mancomunidade aos que felicitou asi como ao conxunto da sociedade mariñana, polo traballo conxunto que están a desenvolver para modernizar este sector.