Blanco felicitou aos promotores desta iniciativa e repasou o apoio do Goberno de España, a través do Ministerio de Industria, para a transformación da oferta turística de Galicia, e da provincia de Lugo, a través dos plans de sostibilidade turística e outros investimentos que suman máis de 220 millóns de euros desde a fin da pandemia. Este apoio, subliñou, ten unha vertente especifica no turismo enogastronómico, como sucede no Plan director de Turismo Gastronómico da Mancomunidade da Mariña, na modernización da oferta turística desde a gastronomía que se desenvolve co Concello de Lugo ou no apoio á incorporación de Viveiro ao proxecto ‘Spain Culinary Villages’, todos eles con investimentos do Goberno.