Viveiro, 30 de xaneiro de 2024. O Concello de Viveiro está elaborando a documentación para a tramitación dos procedementos de contratación para a dotación e equipamento da sala de musculación/cardiovascular da Piscina Municipal e para a instalación de fontanaría nos vestiarios do campo de fútbol Marcos Gómez.
“Estas dúas actuacións están incluídas, entre outras, no Convenio de Cooperación asinado, en decembro de 2024, entre o Concello de Viveiro e a Deputación de Lugo para a promoción do deporte, turismo e mellora dos servizos públicos”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
A dotación e equipamento para as salas de musculación e cardiovascular na Piscina Municipal ten un importe de 55.336.69 euros.
Neste sentido, cómpre explicar que o ximnasio se vai dotar con novas máquinas de bíceps, tríceps, dorsais, ombreiros e abductores (unha de cada), ademais dunha máquina multiestación. Na sala de cardiovascular, vanse instalar unha nova elíptica, unha cinta e unha bicicleta de alta intensidade.
A instalación de fontanería nos vestiarios do campo de fútbol ten un importe de 18.848,16 euros. Co cambio da instalación da fontanería desta instalación municipal melloraranse as condicións do campo Marcos Gómez.