Viveiro, 8 de xaneiro de 2025. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro lembra á veciñanza a importancia de seguir a Ordenanza Municipal Reguladora da Convivencia, Limpeza e Residuos do Concello.
Entre os puntos máis destacados desta ordenanza están ós relativos a establecementos comerciais, sinalando que aqueles que conten con terraza están obrigados a manter limpa a vía pública afectada, a limpar ao final de cada día e a contar con papeleiras e cinceiros.
Ademais, lémbrase que non está permitido tirar ao chan cabichas, cáscaras, papeis, gomas de mascar, envoltorios ou calquera outro desperdicio, que deberá ser depositado nos contedores instalados para tal fin.
A este respecto, lémbrase tamén que na Ordenanza Municipal da Instalación de Terrazas e Veladores indica que ao finalizar o horario de funcionamento do mobiliario, salvo o expresamente autorizado, deberá quedar retirado ou apilado na menor superficie posible, causando o menor impacto visual e evitando molestias ao tránsito peonil e ao servizo de limpeza.
A ordenanza de Convivencia, Limpeza e Residuos trata tamén a cuestión da separación dos residuos. Por unha banda sinálase que o vidro deberá ser depositado entre as 20:00 e as 22:00, mentres que os envases, o papel e o cartón poderán ser depositados a calquera hora.
No caso dos restos orgánicos e mais da fracción resto, en verán será despois das 21:00, e o resto do ano, a partir das 20:00.
Ademais, a ordenanza contempla sancións leves de entre 50€ e 750€, graves de entre 751€ e 1.500€ e moi graves de entre 1.501€ e 3.000€ dependendo da severidade da infracción.
Entre os motivos de sanción contemplados está non manter limpa a superficie da vía públicaque se ocupe con veladores ou cadeiras de terrazas de cafés, bares, restaurantes e establecementos análogos.
Tamén se prohibe o almacenamento de materiais ou produtosde calquera tipo na vía pública. No caso de terrazas en vía pública estarase ao disposto na ordenanza municipal correspondente.
Será infracción así mesmo depositar residuos dentro dos contedores situados na vía pública fóra das horas previstas, ou depositar os residuos sen bolsa ou sen efectuar a separación de fraccións de recollida selectiva.
Tampouco se permite verter residuos líquidos ou susceptibles de licuarse, manipular contedores ou desplazalos fóra das súas ubicacións nin arroxar á vía pública residuos tales como cabicha, papeis, chicles, envoltorios ou calquera outro desperdicio similar.